Dia das letras galegas 2005
O pasado 17 de maio se celebrou o dia das letras galegas, en primeiro lugar mostrar o meu descontento polo xeito no que na sociedade e sobre todo nos medios de comunicación este dia é conmemorado, xa que se esta convertindo o galego en cousa de un só dia. De que lle sirve a nosa cultura que nun só dia ó ano os medios de comunicacion escritos poñan as súas portadas en galego e escriban artigos na nosa lingua sobre o autor homenaxeado se durante o resto do ano se encargan de pisotear o noso querido idioma?? O galego non debe de existir un só dia para ser esquecido o resto do ano, á nosa lingua ten que estar presente en todos os ambitos da nosa sociedade os 365 dias do ano e as 24 horas do día, senon condenaremos a nosa cultura á súa desaparición...Eu non estou en contra de que exista este dia, xa que me parece ben que se lle rindan homenaxes a tod@s os galeg@s que levan séculos loitando por manter a nosa cultura viva, pero considero que a mellor homenaxe que se lle pode facer ó galego e falalo dia a dia.
Este ano o autor homenaxeado é Lorenzo Varela, fillo de emigrantes naceu en 1916 nun barco no porto da Habana. Antes de cumplir un ano foi trasladado a Monterroso (Lugo). Aquí, na súa xuventude, participou en actividades das Mocedades Galeguistas, organización xuvenil do Partido Galeguista. No ano 1935 trasladouse a Madrid a para estudar Filosofía. Iniciada a guerra, afiliouse ó Partido Comunista e comandou unha brigada do exército republicano. Ó remate da contenda exiliouse en Buenos Aires onde participou en múltiples actividades de tipo político e cultural. No ano 1977 trasladouse a Madrid, onde morreu ó ano seguinte.
Polo que respecta á súa obra literaria, encontramos fundamentalmente poesía en español e galego. A poesía de Lorenzo Varela, tal vez condicionado pola súa propia experiencia persoal e pola vivencia da guerra, ten unhas connotacións de solidariadade, de resistencia e de combate, ó servizo sempre da xustiza e da liberdade. En galego, ademais de poemas soltos, publicou dúas obras:
- "Catro poemas pra catro gravados" (1944)
- "Lonxe" (1954)
Os catro poemas do primeiro libro céntranse en catro personaxes históricos: a heroína coruñesa María Pita, a soldadeira medieval María Balteira, o lider irmandiño Roi Xordo e o bispo de Compostela Adaúlfo II. Estes personaxes son evocados cunha clara intención de os proxectar ó presente (sobre todo María Pita e Roi Xordo) como exemplos de loita.
En "Lonxe" aparecen dous temas fundamentais:
* A temática mítica, mais agora xa non dun pasado distante, senón dun tempo vivido polo propio poeta: a loita dos guerrilleiros antifranquistas.
* A saudade da terra, provocada pola distancia do exilio.
Se queredes ter mais información podedes visitar as seguintes paxinas:
-http://www.diadasletrasgalegas.com/2005/obra_xesus_lorenzo.php , con algúns fragmentos da súa obra.
-http://especiais.vieiros.com/letras2005/
22/05/2005 22:51


