Primeira proxección masiva de "Hai que botalos"

hai_que_botalos.gif'Hai que botalos' proxéctase nos campus galegos

O 25 de maio Hai que botalos vai vivir a súa primeira 'proxección masiva' logo da estrea no Teatro Principal compostelán o pasado domingo á que asistiron arredor de mil persoas. Os campus das tres universidades galegas configurarán durante todo o mércores un gran multicine que lle achegue ao estudantado as 24 visións sobre o país que contén Hai que botalos.

Un dos escenarios vigueses para o mércores vai ser a Facultade de Enxeñaría Técnica industrial en dobre sesión ás 11:00 e ás 18:30, en Pontevedra a película proxectarase na Facultade de Belas Artes e tamén no Edificio de Ferro do campus ourensán. Na provincia da Coruña Hai que botalos poderá verse na Facultade de Arquitectura coruñesa e nas Facultades de Bioloxía e Ciencias da Comunicación de Santiago, entre outras. O filme tamén se proxectará no campus ferrolán e en tres auditorios do campus lugués.

Pero a xornada universitaria non se restrinxirá unicamente á exhibición de Hai que botalos. Cada un dos encargados da proxección terá a posibilidade de lerlle aos seus compañeiros o panfleto electoral de 'Hai que botalos' pero non só haberá información sobre o 'boto', senón tamén do 'voto' por correo. A comunidade universitaria é unha das máis afectadas polo adianto electoral xa que o vindeiro 20 de xuño non haberá en Galiza unha soa Facultade na que non se realice un exame.

Esta primeira cita expansiva é tamén un ensaio para unha proxección expansiva maior, a que terá lugar en toda Galiza e incluso fóra dela o vindeiro 4 de xuño, xornada de apertura da campaña electoral.

Fonte -> http://www.vieiros.com/
25/05/2005 00:22 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]