Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005.

17/05/2005

Facendo probas de son.

bandeira-galega-castelao.gifFago miñas as verbas de Manolo Rivas e poño estas estrofas desesperadas como a mensaxe de apertura do meu bitácora. Eu tamen fago probas de son para descubrir se nesta metáfora de pais chamada Galiza hai algun resquicio de esperanza para a súa propia salvación e agardo que este blog sexa un gran de area mais para desterrar esa outra verdade informativa que se agocha tras a merda da informacion oficial e oficiosa coa que nos "agasallan" todos os dias os grandes medios de comunicacion levando tras de si os seus grandes intereses.

E rescataremos a verdade.
A verdade sairá a flote no país das barcas de pedra.
Facemos probas de son coa esperanza.
Atención.
Estamos a emitir ex conxuros solidarios.
Estamos a confortar o noso corazón
e a facer máis forte ao noso pobo.
Porque Galicia non ten prezo. Xa non ten prezo.
Facemos probas de son coa liberdade.
¡Un, dous, tres! ¡Probando! ¡Nunca Máis!

{ Manuel Rivas - "Manifesto contra o silencio" }
17/05/2005 00:49 Enlace permanente. Tema: Comezo Hay 1 comentario.

O Pepemari e os avions

aznar_park.jpgE para inaugurar o blog, como non podia ser menos en min vou poñer un chiste basado en feitos reais, e ademais un do Pepemari e a tribu PePera, que son os que mais me gustan a min :p E dende aqui vos animo a colgar os vosos mellores chistes no meu blog, que asi botamos entre todos unhas risas...

Un avión esta a piques de esnaquizarse, só quedan 4 paracaidas para 5 pasaxeiros, o primeiro pasaxeiro dí:
- " Son Borja Oubiña, un famoso xogador do Celta de Vigo, e o meu equipo me necesita para volver a primeira, non podo morrer!" e salta cun paracaidas.
O segundo pasaxeiro dí:
-" Son Manuel Fraga Iribarne, o eterno presidente de Galicia, ainda son xoven dabondo para morrer". E salta co segundo paracaidas.
O terceiro pasaxeiro di:
-" Soy Jose Maria Aznar, el presidente más Inteligente
que ha tenido mi pais, no puedo morir." E salta.
Xa so quedaban o Papa e un neno de 10 anos, e dí o Papa:
-" Son vello e en Roma xa hai cardenais dabondo, colle ti o paracaidas que queda e salta" .
E o neno lle responde:
-" Non, collao vostede, Santidade, O presidente mais intelixente da historia de España acaba de saltar coa miña mochila do cole... "

Etiquetas: , , , ,

17/05/2005 20:59 Enlace permanente. Tema: Humor Hay 1 comentario.

22/05/2005

Dia das letras galegas 2005

lorenzo varela.gifO pasado 17 de maio se celebrou o dia das letras galegas, en primeiro lugar mostrar o meu descontento polo xeito no que na sociedade e sobre todo nos medios de comunicación este dia é conmemorado, xa que se esta convertindo o galego en cousa de un só dia. De que lle sirve a nosa cultura que nun só dia ó ano os medios de comunicacion escritos poñan as súas portadas en galego e escriban artigos na nosa lingua sobre o autor homenaxeado se durante o resto do ano se encargan de pisotear o noso querido idioma?? O galego non debe de existir un só dia para ser esquecido o resto do ano, á nosa lingua ten que estar presente en todos os ambitos da nosa sociedade os 365 dias do ano e as 24 horas do día, senon condenaremos a nosa cultura á súa desaparición...

Eu non estou en contra de que exista este dia, xa que me parece ben que se lle rindan homenaxes a tod@s os galeg@s que levan séculos loitando por manter a nosa cultura viva, pero considero que a mellor homenaxe que se lle pode facer ó galego e falalo dia a dia.



Este ano o autor homenaxeado é Lorenzo Varela, fillo de emigrantes naceu en 1916 nun barco no porto da Habana. Antes de cumplir un ano foi trasladado a Monterroso (Lugo). Aquí, na súa xuventude, participou en actividades das Mocedades Galeguistas, organización xuvenil do Partido Galeguista. No ano 1935 trasladouse a Madrid a para estudar Filosofía. Iniciada a guerra, afiliouse ó Partido Comunista e comandou unha brigada do exército republicano. Ó remate da contenda exiliouse en Buenos Aires onde participou en múltiples actividades de tipo político e cultural. No ano 1977 trasladouse a Madrid, onde morreu ó ano seguinte.

Polo que respecta á súa obra literaria, encontramos fundamentalmente poesía en español e galego. A poesía de Lorenzo Varela, tal vez condicionado pola súa propia experiencia persoal e pola vivencia da guerra, ten unhas connotacións de solidariadade, de resistencia e de combate, ó servizo sempre da xustiza e da liberdade. En galego, ademais de poemas soltos, publicou dúas obras:

- "Catro poemas pra catro gravados" (1944)
- "Lonxe" (1954)

Os catro poemas do primeiro libro céntranse en catro personaxes históricos: a heroína coruñesa María Pita, a soldadeira medieval María Balteira, o lider irmandiño Roi Xordo e o bispo de Compostela Adaúlfo II. Estes personaxes son evocados cunha clara intención de os proxectar ó presente (sobre todo María Pita e Roi Xordo) como exemplos de loita.

En "Lonxe" aparecen dous temas fundamentais:

* A temática mítica, mais agora xa non dun pasado distante, senón dun tempo vivido polo propio poeta: a loita dos guerrilleiros antifranquistas.
* A saudade da terra, provocada pola distancia do exilio.

Se queredes ter mais información podedes visitar as seguintes paxinas:

-http://www.diadasletrasgalegas.com/2005/obra_xesus_lorenzo.php , con algúns fragmentos da súa obra.
-http://especiais.vieiros.com/letras2005/

22/05/2005 22:51 Enlace permanente. Tema: Literatura No hay comentarios. Comentar.

25/05/2005

Primeira proxección masiva de "Hai que botalos"

hai_que_botalos.gif'Hai que botalos' proxéctase nos campus galegos

O 25 de maio Hai que botalos vai vivir a súa primeira 'proxección masiva' logo da estrea no Teatro Principal compostelán o pasado domingo á que asistiron arredor de mil persoas. Os campus das tres universidades galegas configurarán durante todo o mércores un gran multicine que lle achegue ao estudantado as 24 visións sobre o país que contén Hai que botalos.

Un dos escenarios vigueses para o mércores vai ser a Facultade de Enxeñaría Técnica industrial en dobre sesión ás 11:00 e ás 18:30, en Pontevedra a película proxectarase na Facultade de Belas Artes e tamén no Edificio de Ferro do campus ourensán. Na provincia da Coruña Hai que botalos poderá verse na Facultade de Arquitectura coruñesa e nas Facultades de Bioloxía e Ciencias da Comunicación de Santiago, entre outras. O filme tamén se proxectará no campus ferrolán e en tres auditorios do campus lugués.

Pero a xornada universitaria non se restrinxirá unicamente á exhibición de Hai que botalos. Cada un dos encargados da proxección terá a posibilidade de lerlle aos seus compañeiros o panfleto electoral de 'Hai que botalos' pero non só haberá información sobre o 'boto', senón tamén do 'voto' por correo. A comunidade universitaria é unha das máis afectadas polo adianto electoral xa que o vindeiro 20 de xuño non haberá en Galiza unha soa Facultade na que non se realice un exame.

Esta primeira cita expansiva é tamén un ensaio para unha proxección expansiva maior, a que terá lugar en toda Galiza e incluso fóra dela o vindeiro 4 de xuño, xornada de apertura da campaña electoral.

Fonte -> http://www.vieiros.com/
25/05/2005 00:22 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion No hay comentarios. Comentar.

Seleccion galega xa!

seleccion galega xa vieiros.gifFran só xogaría de novo se vestise a camisola de Galiza

[20/05/2005 12:57] O xornal coruñés La Opinión publica unha información sobre o capitán deportivista Fran, cando quedan tan só uns días para que o mellor xogador galego dos últimos quince anos aparque definitivamente as botas. Nunhas declaracións a este xornal, o carreirán Fran afirma estar dispuesto a saltar de novo ao campo logo da súa despedida para desputar de forma seria e competitiva un encontro coa selección de Galiza: "Vou estar preparado física e mentalmente para calquera partido ao que me chamen da selección. Se algún día se fai, encantaríame xogar ese partido", afirma o centrocampista do Dépor. Fran sempre estivo apoiando a formación dunha selección galega, que non desputa partidos oficiais dende 1920, e mesmo participou na gravación dunha canción cos Diplomáticos de Monte Alto en apoio do combinado.
Histórica campaña de Vieiros a prol da selección galega de fútbol.
Siareiros galegos

En este enderezo podes ver a entrevista completa a Fran:
http://www.laopinioncoruna.com/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=26159&pIdSeccion=12&



Fonte -> www.vieiros.com
25/05/2005 00:45 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion No hay comentarios. Comentar.

26/05/2005

Huelepega, la ley de la calle.

huelepega.jpgTitulo Huelepega
Director Elia Schneide
Actores Elaiza Gil, Gladiuska Acosta, Francisco Alfaro, Lucio Bueno, Luis Campos Pelón, Adolfo Cubas, Pedro Lander, Alfredo Medina
Año 1999
Genero DRAMA
Duración 105 min
Certificado No recomenda para menores de 18 años

Sinopsis:

Oliver huye de los malos tratos de su familia y se refugia en las violentas calles de Caracas, donde sobrevive en un entorno de corrupción, delincuencia y hambre inhalando pegamento para evadirse, como otros niños en su misma situación. Pronto, el niño, sin desprenderse de la nostalgia de su hogar, pasa a formar parte de un entorno viciado por los enfrentamientos entre bandas de ladrones narcotraficantes y la explotación de los niños de la calle como último eslabón de la cadena de la delincuencia.

Comentario:

Pelicula que se desenvolve nas rúas da miña cidade natal Caracas (Venezuela). Se trata dun crudo retrato da vida de moitos nenos latinoamericanos que malviven na extrema pobreza e teñen que gañarse a vida traficando con drogas, roubando e ideando unha e mil artimañas para poderse levar algo á boca.

O titulo da película ven do nome con que estes nenos son chamados en Venezuela ("Los Huelepegas") xa que que inhalan cementos de contactos ou cola industrial como medio para evadirse do mundo no que viven e así liberarse temporalmente das sensacións de frío, fame, tristeza, desolación... Ainda que pareza incrible este problema é moi comun en América latina, de feito estimase que mais dun 70% dos 50 millons de nenos que viven na rúa inhalan este tipo de substancias tóxicas (UNICEF- 1992).

Esta pélicula non é unha obra mestra, ata se poderia considerar un documental xa que fai unha narración con imaxenes moi duras de feitos que ocurren no dia a dia das rúas das grandes cidades sudamericanas, pero esta fita é moi recomendable para ollar o mundo dende o seu lado mais cruel (nenos que botan a perder a súa infancia e a súa vida obrigados pola sociedade a convertirse en delincuentes).

Unha das cousas que recomendo que non se deberia de obviar ó ver esta pelicula é a imaxe dunha policía corrupta e a dunha sociedade hipócrita que odia a estes nenos como á peste cando foi esta mesma sociedade a que os convertiu en delincuentes.

Para mais información sobre esta problemática se poden consultar as seguintes páxinas:

http://www.une.edu.ve/pnhp/proy.html

http://www.ips.org/spanish/mundial/indices/Correo/cor2709102.htm

http://100cia.com/divulgacion/_por_que_es_nocivo_inhalar_pegamento__296.html
26/05/2005 01:12 Enlace permanente. Tema: Cinema Hay 1 comentario.

29/05/2005

ENCE FAI PERDER MÁIS DO QUE DÁ A GAÑAR Á COMARCA DE PONTEVEDRA

ENCE fora da ria 2018 (adega).jpgQue representa ENCE na economía de Pontevedra?

[28/05/2005 11:30] O catedrático de Economía Aplicada da USC, Xabier Vence, realiza neste estudo unha avaliación sobre as consecuencias de ENCE-ELNOSA na economía da comarca de Pontevedra. Conclusións: ENCE representa só o 0,5% de emprego directo na comarca; ten unha incidencia negativa na evolución das actividades pesqueiras-acuícolas e turísticas, ademáis de afectar á calidade de vida de toda a poboación e, por último, que "non lle faltan razóns á cidadanía para pensar que é máis o que o complexo Celulosas de Pontevedra-Elnosa lle fai perder á economía e á sociedade da área pontevedresa que o que lle dá a gañar".

O dia 4 de xuño ás 20:00 horas manifestación en Pontevedra para pedir o traslado da factoría. SALVEMOS A RIA!!

Podese ver o atigo completo en vieiros -> http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=13&id=43125

Mais información sobre o conflicto de ENCE nestas paxinas:

http://www.vieiros.com/noescaner/noescaner.php?id=42570&Ed=1

http://www.encebuscasitio.com/home.html

http://www.adegagaliza.org/varios/ence/ence.htm


http://www.guayubira.org.uy/celulosa/index.html
29/05/2005 23:01 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion No hay comentarios. Comentar.

30/05/2005

Para non facer preguntas estupidas sobre GNU-LINUX

rtlinux_bg.jpgPreguntas que no debes de hacer como usuario Linux, pero que debes saber

Existe una guia del como hacer preguntas de manera inteligente, en el mundo de los hackers, el tipo de respuestas que obtendrás a tus preguntas técnicas depende tanto de la manera en que formules tus preguntas como de la dificultad de desarrollar la respuesta. En esta guía te enseñará cómo preguntar de la manera adecuada para que puedas obtener una respuesta satisfactoria, fue escrito originalmente por Erick Steven Raymond y traducido al español por Erick López Carreón.
08:21 - 26/05/2005 Fuente: SOMOSLIBRES.ORG
En seguida si te consideras un USER LINUX estas preguntas no deberias de hacer, según Erick Raymond el padre del Open Source:

He aquí algunas preguntas estúpidas clásicas, y lo que los hackers están pensando cuando no las responden.

P: ¿Dónde puedo encontrar el programa o recurso X?
R: En el mismo lugar donde yo lo habría encontrado, tonto -- en el otro extremo de un buscador.. Dios, ¿Aún nadie sabe cómo usar Google?

P: ¿Cómo puedo usar X para hacer Y?
R: Si lo que quieres hacer es Y, deberias preguntar eso, sin presuponer que puedes usar un método que puede no ser apropiado. Preguntas de este tipo, usualmente indican una persona que no es simplemente ignorante de X, sino confundida acerca de que problema Y esta resolviendo, y demasiado obsesionada en los detalles de su situación en particular. Generalmente es mejor ignorarlos hasta que definan mejor su problema

P: ¿Cómo puedo configurar el prompt del shell?
R: Si eres lo suficientemente listo como para hacer esta pregunta, entonces eres lo suficientemente listo para RTFM y resolverlo tu mismo.

P: ¿Es posible convertir un documento en formato AcmeCorp en un archivo TeX usando el convertidor de archivos Bass-o-matic?
R: Intentalo y verás, si lo haces, entonces a) comprendes la respuesta y b) dejas de quitarme el tiempo.

P: Mi (programa, configuración, sentencia SQL) no funciona
R: Esta no es una preguntas, y no tengo ganas de jugar a las veinte preguntas para sacarte la pregunta concreta, - tengo mejores coas que hacer.
Al ver cosas como esta, mi reacción normal es una de las siguientes:

¿Tienes algo mas que agregar?
Ohh, eso esta muy mal. espero que lo soluciones.
¿Y exactamente esto que tiene que ver conmigo?

P: Tengo problemas con mi máquina en Windows. ¿Podrían ayudarme?
R: Claro. Tira esa basura de Microsoft e instala un sistema operativo libre como Linux o BSD.

P: Mi programa no funciona, creo que la característica X del sistema esta fallando.
R: Aunque puede existir la posibilidad de que seas la primer persona que descubre un defecto obvio en las llamadas al sistema y en librerias ampliamente usadas por cientos o miles de personas, es mas probable que seas un completo despistado. Demandas extraordinarias requieren presentar evidencia extraordinaria ; cuando hagas una proclama de este tipo, debes respaldarla con documentación exahustiva y clara del caso.

P: Tengo problemas al instalar Linux o X. ¿Podrían ayudarme?
R: No. Necesitaría acceso físico a tu máquina para resolver eso. Pide a tu grupo local de usuarios de Linux que te ayude. Puedes encontrar una lista de usuarios de linux aqui.

P: ¿Cómo puedo convertirme en root/robar privilegios de operador de un canal/leer el correo de algien más?
R: Eres un desgraciado por querer hacer esas cosas y un retrasado mental por pedir a un hacker que te ayude.

Fonte -> www.laflecha.net

Podes ver o manual completo de Steven Raymond "Como hacer preguntas de manera inteligente" no seguinte enderezo: http://fsl.org.mx/tiki-page.php?pageName=preguntasInteligentes


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]