Se muestran los artículos pertenecientes al tema Contra-informacion.

29/05/2005

ENCE FAI PERDER MÁIS DO QUE DÁ A GAÑAR Á COMARCA DE PONTEVEDRA

ENCE fora da ria 2018 (adega).jpgQue representa ENCE na economía de Pontevedra?

[28/05/2005 11:30] O catedrático de Economía Aplicada da USC, Xabier Vence, realiza neste estudo unha avaliación sobre as consecuencias de ENCE-ELNOSA na economía da comarca de Pontevedra. Conclusións: ENCE representa só o 0,5% de emprego directo na comarca; ten unha incidencia negativa na evolución das actividades pesqueiras-acuícolas e turísticas, ademáis de afectar á calidade de vida de toda a poboación e, por último, que "non lle faltan razóns á cidadanía para pensar que é máis o que o complexo Celulosas de Pontevedra-Elnosa lle fai perder á economía e á sociedade da área pontevedresa que o que lle dá a gañar".

O dia 4 de xuño ás 20:00 horas manifestación en Pontevedra para pedir o traslado da factoría. SALVEMOS A RIA!!

Podese ver o atigo completo en vieiros -> http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=13&id=43125

Mais información sobre o conflicto de ENCE nestas paxinas:

http://www.vieiros.com/noescaner/noescaner.php?id=42570&Ed=1

http://www.encebuscasitio.com/home.html

http://www.adegagaliza.org/varios/ence/ence.htm


http://www.guayubira.org.uy/celulosa/index.html
29/05/2005 23:01 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion No hay comentarios. Comentar.

25/05/2005

Seleccion galega xa!

seleccion galega xa vieiros.gifFran só xogaría de novo se vestise a camisola de Galiza

[20/05/2005 12:57] O xornal coruñés La Opinión publica unha información sobre o capitán deportivista Fran, cando quedan tan só uns días para que o mellor xogador galego dos últimos quince anos aparque definitivamente as botas. Nunhas declaracións a este xornal, o carreirán Fran afirma estar dispuesto a saltar de novo ao campo logo da súa despedida para desputar de forma seria e competitiva un encontro coa selección de Galiza: "Vou estar preparado física e mentalmente para calquera partido ao que me chamen da selección. Se algún día se fai, encantaríame xogar ese partido", afirma o centrocampista do Dépor. Fran sempre estivo apoiando a formación dunha selección galega, que non desputa partidos oficiais dende 1920, e mesmo participou na gravación dunha canción cos Diplomáticos de Monte Alto en apoio do combinado.
Histórica campaña de Vieiros a prol da selección galega de fútbol.
Siareiros galegos

En este enderezo podes ver a entrevista completa a Fran:
http://www.laopinioncoruna.com/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=26159&pIdSeccion=12&



Fonte -> www.vieiros.com
25/05/2005 00:45 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion No hay comentarios. Comentar.

Primeira proxección masiva de "Hai que botalos"

hai_que_botalos.gif'Hai que botalos' proxéctase nos campus galegos

O 25 de maio Hai que botalos vai vivir a súa primeira 'proxección masiva' logo da estrea no Teatro Principal compostelán o pasado domingo á que asistiron arredor de mil persoas. Os campus das tres universidades galegas configurarán durante todo o mércores un gran multicine que lle achegue ao estudantado as 24 visións sobre o país que contén Hai que botalos.

Un dos escenarios vigueses para o mércores vai ser a Facultade de Enxeñaría Técnica industrial en dobre sesión ás 11:00 e ás 18:30, en Pontevedra a película proxectarase na Facultade de Belas Artes e tamén no Edificio de Ferro do campus ourensán. Na provincia da Coruña Hai que botalos poderá verse na Facultade de Arquitectura coruñesa e nas Facultades de Bioloxía e Ciencias da Comunicación de Santiago, entre outras. O filme tamén se proxectará no campus ferrolán e en tres auditorios do campus lugués.

Pero a xornada universitaria non se restrinxirá unicamente á exhibición de Hai que botalos. Cada un dos encargados da proxección terá a posibilidade de lerlle aos seus compañeiros o panfleto electoral de 'Hai que botalos' pero non só haberá información sobre o 'boto', senón tamén do 'voto' por correo. A comunidade universitaria é unha das máis afectadas polo adianto electoral xa que o vindeiro 20 de xuño non haberá en Galiza unha soa Facultade na que non se realice un exame.

Esta primeira cita expansiva é tamén un ensaio para unha proxección expansiva maior, a que terá lugar en toda Galiza e incluso fóra dela o vindeiro 4 de xuño, xornada de apertura da campaña electoral.

Fonte -> http://www.vieiros.com/
25/05/2005 00:22 Enlace permanente. Tema: Contra-informacion No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]